escena sonora

HISTORIA:
Coanhadeira nace en Ourense no ano 2006 como unha banda de música folk entregada a amosar aqueles “restos” musicais conservados até os nosos días a través da tradición oral da cultura galega.
Grazas á beleza das melodías tradicionais e aos seus directos cargados de forza, esta banda acadou numerosos galardóns e camiñou sobre moitos dos principais escenarios folque do sur de Europa, como o Festival de Pardiñas (Galiza), A Carballeira de Zas (Galiza), o Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza), Sauga Folk (Colindres, Cantabria), Trobada de Buners (Andorra) ou o Festival Interceltique de L"Orient (Francia), entre outros.
Neste 2015, lanzan tras un longo período de preparación, o seu novo álbum: Bicos con luvas, co que pretenden realizar unha nova achega á música feita en Galicia, facer bailable calquera lugar e ateigar os escenarios dun poder percusivo, de letras sorprendentes e atmosferas sutís co selo de calidade propio de Coanhadeira. Desta volta, a banda non chega soa, contou co apoio de ducias de mecenas que contribuíron nunha campaña de crowdfunding para acompañar o grupo nesta nova aposta discográfica.

PREMIOS E GALARDÓNS:
2007 gañadores da sección folk do concurso Nsaio no Camino (Galiza)
2008 gañadores do XI Concurso Folk Radio Obradoiro (Galiza) Finalistas do Escenario Runas do Festival Intercéltico de Ortigueira (Galiza)
Segundo premio no concurso Folk Folkez Blai (Bizkaia, Euskadi)
2009 gañadores do IV Concurso Folk Escenario PRAU (Cantabria)
2010 Segundo premio no concurso folk Eurofolk (Córdoba)

TRABALLOS DISCOGRÁFICOS:
HAIQUE (2009)

PO (2010)

BICOS CON LUVAS (2015)

COMPOÑENTES:
JESÚS PÉREZ,”CHECHU”: Gaitas e Zanfona.
MARCOS PÉREZ "KINHOS": Batería e percusións.
PATRICIA LÓPEZ: Voz e percusión.

ALBERTO SÁNCHEZ: Acordeón

OSCAR FREIRE: Saxo sorprano e tenor

SAMUEL SOTO: Bouzouki

EFRÉN NOVOA: Baixo

 
 
Coanhadeira - Ézaro